![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de xaneiro de 1952 ![]() Altoona, Estados Unidos de América ![]() |
Educación | Universidade de Pensilvania Universidade Drexel (pt) ![]() Bishop McDevitt High School (en) ![]() ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Bioquímica e Deseño intelixente ![]() |
Ocupación | bioquímico, escritor, profesor universitario, químico ![]() |
Empregador | Queens College Universidade Lehigh (pt) ![]() ![]() |
Descrito pola fonte | Obálky knih, ![]() ![]() |
![]() ![]() ![]() |
Michael J. Behe, nado en Altoona (Pensilvania) o 18 de xaneiro de 1952, é un bioquímico estadounidense, defensor do deseño intelixente. Profesor de bioquímica na universidade Universidade Lehigh en Pensilvania, é un senior fellow do Center for Science and Culture do Discovery Institute. Defende a idea de que existen algunhas estruturas demasiado complexas no nivel bioquímico que non se poden explicar como o resultado dos mecanismos da evolución.
Foi quen desenvolveu o concepto de "complexidade irredutíbel" (Irreducible Complexity) como un "un sistema individual composto de varias partes ben coordinadas que interaccionan para desempeñar a función básica deste, de modo que se se eliminara calquera desas partes o sistema deixaría de funcionar por completo" [1].
O postulado de Behe sobre a complexidade irredutíbel de estruturas celulares claves tivo unha forte oposición na comunidade científica. O testemuño de Behe no caso Kitzmiller (Kitzmiller v. Dover Area School District) é citado extensamento polo xuíz[2][3][4][5] na súa decisión de que o deseño intelixente non é ciencia, senón esencialmente relixión na súa natureza.[6] O Departamento de Ciencias Biolóxicas da Universidade Lehigh publicou unha declaración coa súa posición oficial na que sinala[7]:
A nosa posición colectiva é que o deseño intelixente non ten a súa base na ciencia, non foi comprobado experimentalmente, e non debe ser considerado como científico.